Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 novembre 2010

PANDEMONIO

EU CAREZO dunha teoría do caos. Ignoro por que a neveira abandonou a función de enfriar na mesma mañá na que a lavadora entendeu que non podía seguir dando voltas sobre si. Como me falta un argumento para comprendelo e desconfío das conxuncións de astros, ando perplexo. Ás veces envexo á dereita mediática máis extrema -que Arzalluz definiu como Brunete Mediática- porque ten un pensamento estruturado grazas á convición de que Zapatero é a orixe e fin de todo mal. No seu imaxinario, o presidente socialista terma da tapa da Caixa de Pandora para que estea aberta sempre. Se a neveira e a lavadora se estragan de vez, debería reparar en que o buenismo zapateril estame levando a confiar en exceso nos fabricantes. Se chamo a un técnico e me envían a un rapaz que non acerta a solucionarme o problema, a culpa é de que estudou baixo as teorías igualitaristas que impoñen as leis educativas do leonés. Hai unha segunda versión do pandemonio, que son as cousas aparentemente positivas que fai o Goberno central: trátase de manobras distractorias. Aínda sabendo todo iso, incomodoumeun recente debate televisivo sobre se as críticas a Dragó eran unha cortina de fume zapateril,como se a depravación individual tivese que ver coa endebamento público.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité