mardi 16 novembre 2010

F. PAZ: "MANIFESTEI O MEU DESACORDO"

Agusín Fernández Paz: "Eu manifestei en diferentes foros o meu desacordo cos Premios da Cultura Galega".
Posté par Jaureguizar à 22:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 16 novembre 2010

FERNÁNDEZ PAZ REXEITA O PREMIO DAS LETRAS!!!!!

Fernández Paz vén de rexeitar o Premio Cultura Galega das Letras logo da serlle outorgado. "Quero expresar a miña gratitude ás persoas do xurado por pensaren en min. Mais, debo lembrar que, cando os Premios da Cultura Galega foron convocados eu manifestei o meu descardo con eles. Sigo a pensar o mesmo. En coherencia, non podo aceptar este premio", manifesta. Acóllese aos motivos de Prolingua para argumentar a súa negativa a aceptar o galargón: [Ante a convocatoria da Consellería de Cultura e Turismo dos Premios da Cultura... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 16 novembre 2010

FERNÁNDEZ PAZ, PREMIO CULTURA GALEGA DAS LETRAS

A Consellería de Cultura fallou os Premios da Cultura Galega: [A relación de premiados é a seguinte: - O escritor Agustín Fernández Paz é o galardoado co premio Cultura Galega das Letras en recoñecemento a súa traxectoria vencellada á escrita galega. A proposta foi realizada polo Consello da Cultura Galega e aprobada por maioría. - A artista Menchu Lamas recibe o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas polo seu traballo creativo, desenvolvemento de recursos expresivos e investigación de linguaxes propias. A proposta foi... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:50 - Commentaires [1] - Permalien [#]
mardi 16 novembre 2010

POSITIVAS EDITARÁ OS DIARIOS DE LOIS PEREIRO

ANTÓN LOPO, en Galicia Hoxe: [Positivas achegará aos lectores nos próximos meses Conversas ultramariñas, o emocionado diario que Pereiro escribiu durante tres meses en 1995. Nese ano, Piedade Cabo pasou tres meses en San Francisco (California) facendo un curso inglés. Para poder soportar o gume diario da súa ausencia, a ansiedade da separación física, Lois Pereiro escribiu un diario que lle enviou por carta en dúas entregas, a última cando ela xa regresara a Galicia. Ata agora, Piedade Cabo gardou o texto nun caixón, en parte pola súa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]