A. R., en Xornal: [A editorial Galaxia recollerá o Premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia. “Galaxia agradece o premio e irá a recoller o seu galardón no día que se entreguen”, confirmou Víctor Freixanes, director de Galaxia. O histórico selo editorial explica que a súa decisión vén dada polo galardón en si mesmo e non por quen o entregue. “Entendemos que é un galardón institucional que hoxe pode estar xestionado por uns e mañá por outros. Iso depende dos votos. Independentemente diso, a opinión de Galaxia é ben sabida”, quixo especificar o director de Galaxia.“Os premios están agora en mans duns e mañá poden estar en mans doutros”, reiterou Freixanes.]