Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 novembre 2010

PEREIRO: SEN CARTOS, PERO CON POLÉMICA

XOSÉ MANUEL PEREIRO, en El País: [Víctor Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia (Premio á Promoción Cultural), cuestionaba antonte esa lexitimidade de non aceptar un galardón, invocando respecto "ás regras do xogo". "Galicia ten as súas institucións e estes premios tamén son institución dun país. Non teño nada claro que cando están os nosos teñamos que aplaudir e, rexeitar cando non están os nosos", dixo no Diario Cultural da Radio Galega. "Estes premios non se aceptan porque non sexan dos nosos, caso de que saibamos quen son os nosos. É que non son os nosos premios, desprestixiáronos e rebaixáronos. Primeiro suprimíronos, logo fixeron outros sen dotación económica. Os premiados non xulgan os premios polos cartos, pero a sociedade si. Non creo que Vargas Llosa necesite o millón de euros do Nobel, e a Ana María Matute tamén lle deron o Cervantes cunha dotación, e tanta austeridade ten un Goberno como o outro", contestoulle onte un dos voceiros de Prolingua, o escritor Xabier Docampo que, cos outros creadores galegos ganadores dun Premio Nacional de Literatura, criticou a reforma dos Premios de Cultura.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 563
Publicité