Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 novembre 2010

TODO O QUE IGNORAMOS

Christopher Wolff, un estudoso intenso de Bach, rendeuse un día e confesou que prefería escribir sobre o que sospeitaba do compositor ca sobre o que contrastara. Vai acontecernos o mesmo con Del Riego, malia ser contemporáneo e vivir no noso país. Sabemos de Galaxia, a Real Academia, a Fundación Penzol,... pero sospeito que nunca accederemos ao oceánico volume da obra que non escribiu. Viuse atrapado no Vigo da posguerra, descubriuse renunciando a Del Riego para despistar ás maras falanxistas sobre o seu mitineo a prol do galeguismo no tempo en que “a vida non valía nada”. Atopouse no corazón dun país devastado por un militar ferrolán cheo de complexos e soberbia, pero evitou laiarse dende o minuto cero tras a caída da bomba H que quixo erradicar a cultura galega. Empezou a reconstruír consciente de que o imposible era realizable. Asumiu que os brillantes precisan de laboriosos que lles asenten as bases para lucirse. “Grande é a preguiza”, confesáballe Cunqueiro nunha carta do 49, pero “procurarei cumprir todos os teus encargos, Paco”, constestábase a si mesmo un ano máis tarde. Fernández del Riego fíxoo todo e, a onde non chegou, mandou encarga. Supoño que onte volveu desexar fumar o seu xaruto e animarse co whisky que o alentaba cada día. Dou por certo que soñou con dar fala á súa muller e a Castelao no alén. Represéntomo escoitando novamente ao seu agarimado Bach xa que nin a inmensa lupa lle permitía xa descifrar as letras. Onte, talvez, sentiríase perplexo da nosa teima por coñecelo a el e non atender ao que fixo por Galicia, o proxecto para o que traballou arreo 97 anos.

Publicité
Publicité
Commentaires
S
Atopouse no corazón dun país devastado por un militar ferrolán cheo de complexos e soberbia, pero evitou laiarse dende o minuto cero tras a caída da bomba H que quixo erradicar a cultura galega.<br /> <br /> Que diferenza!
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 567
Publicité