Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 novembre 2010

UN PIRATA REBENTA A HOUELLEBECQ POR USAR ESTE A WIKIPEDIA

Un boucanaire, Florien Gallaire, rebentou as claves do novo libro de Houellebecq baixo a cínico argumento de que se o escritor usa a Wikipedia de xeito libre, está autorizando a que calquera lle furte o traballo, segundo conta o escritor no seu Twitter. Si, sei que é difícil de entender: vén sendo como se alguén usa un programa informático gratuíto para dar clase e diso se deduce que renuncia ao seu dereito a cobrar por dar aulas de informática. A editora, Flammarion, anuncia accións xudiciais.

Publicité
Publicité
Commentaires
X
hahahaha, :)

Eu son un calquera. Un nick. Non máis. E agora vou coas respostas:

1. Eu non dixen que a wikipedia sexa máis/moi rigorosa. Hai estudos científicos que teñen comparado a calidade da wikipedia e da Enc. britannica, e ían á par. Pero obviamente, a en.wikipedia. Non a gl. nin moito menos a es. ou a pt.

2. Canto a esforzo, nin sequera falamos de magnitudes comparables. Só a wkipedia galega (que é unha minucia) multiplica os joules de traballo das obras completas de Houellebecq. Obviamente, os joules per cápita investidos por Houellebecq son maiores cós da wikipedia. Por sorte. Pero eu falaba no conxunto.

3. NON GORDO. Pero gordísimo. SuperNON. Os dereitos de autor teñen que ver coa creatividade. É o que a lei española chama dereitos morais, e que son inalienables, pase o tempo que pase. Outra cousa son os dereitos de copia/reprodución e distribución. Deses é dos que se derivan os dereitos económicos (ou non).

4. A Flammarion, a primeira (?) editora francesa, que ten nas súas mans o manuscrito do segundo (?) autor francés, podería ter en plantilla a calquera mindundi que soubese o abecedario (non máis) de propiedade intelectual. O problema é que ese mindundi, que quizais non fose tan mindundi, había de estar peiteando a wiipedia pra que non se colgasen nela textos e imaxes que son propiedade (=ten os dereitos de copia e distribución) de Flammarion.

5. Vostede non pode cobrar dereitos de autor pola auga. E tampouco lle pode poñer un © a un texto de Rosalía de Castro. O que fixo Flammarion é precisamente iso: poñerlle un © a uns textos que non poden [xamais] levalos. E ademais, impedir que outras persoas obteñan ou non beneficio actuando "correctamente".

6. Poño o correctamente entre aspas porque creo que o procedemento do 'bucaneiro', sendo conforme aos principios das licenzas, non resulta xogo limpo.

7. Flammarion meteu a pata ata o final, e debe apandar coas consecuencias. O "pobre" Houellebeq... vai ter un beneficio extra de popularidade, a nada que xogue ben as súas cartas.
Répondre
J
O primeiro, Xabier, pido perdón por non comprobar no seu nome quen era vostede. Como aquí adoitan contestarme con nick, nin se me acorda miralos. Desculpas.
O segundo, son usuario e ligazoneador habitual da wikipedia, mesmo teño contrubuído aos seus contidos.
A partir de aquí, discrepo. Presumir o rigor da Wikipedia pareceme atrevido. Moitas veces é fiable, pero moitas outras, un fiasco. Faise como se fai, é dicir, como se pode, e iso ten consecuencias. Asegurar que hai máis esforzo na Wikipedia ca nas obras de Houellebecq paréceme inxusto.
Os dereitos de autor son unha cuestión económica se falamos nun caso como o de Houllebecq. Supoño que a el importanlle un carallo (reprodúceo no seu Twitter desapaixaodamente) porque debeu levar un estupendo adianto. O problema é de Flammarion.
Como vostede sabe, teño unha grande ignorancia sobre ciberdereito, pero si teño unha grande indignación porque horas de traballo e de formación sexan partilladas por unha persoa sen consultar co seu autor.
unha aperta atlética e moitas grazas polo que vostede fixo por min na Wiki.
Répondre
X
1) como ben sabe vostede, non teñen nada que ver os dereitos de autor co beneficio económico (ou non= do produto.

2) a parte mínima. Ben, hai leis pra iso. Se en vez de coller os contidos da wikipedia collese as letras de Prince tería que pagar por elas, e unha pastaza, por moito que fose un anaco menor. O tamaño, como ben sabe vostede baixo as leis francesas (e as españolas) non importa.

3) a wikipedia non é a autora deses contidos. A Fundación Wikimedia pode preitear pola violación dos seus dereitos, pero é como se a Warner decide facer un filme sobre a súa novela de surf (que moito me gustara) e non lle paga a vostede os dereitos... vai vostede a preito contra un bufete onde o percheiro gaña máis diñeiro ca vostede e @bretemas (responsable solidario) xuntos?

4) hai infinitamente máis esforzo na wikipedia ca en houellebecq. é máis, do coñecemento producido, editado, ampliado e actualizado xenerosamente na wikipedia benefícianse millóns de persoas.

5) finalmén: pensar que porque os contidos "están gratis" en internet non teñen autor e non hai que respectar uns dereitos de autor é descoñecer todo o que sucedeu en PI dende o Convenio de Berna pra aquí. :) :)

(deportivamente)
Répondre
J
onde puxen 'marices', quixen poñer 'matices', desculpe.
Répondre
J
Xabier, partillo o que di no punto a), aínda que ese contido do que se apropiou é unha parte ínfima do libro e ofrecida publicamente de xeito gratuíto por moitos marices que se lle queiran efectuar. En canto a b), non se pode cometer un delicto para defender un dereito alleo; máis cando os afectados (Wikipedia) nada reclamaron. O dos euriños semella demagóxico, pero collendo o seu fío, prefiro darlle uns euros ao escritor que dedicou unha chea de horas e de formación a escribir ese libro.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 563
Publicité