mardi 30 novembre 2010

UN PIRATA REBENTA A HOUELLEBECQ POR USAR ESTE A WIKIPEDIA

Un boucanaire, Florien Gallaire, rebentou as claves do novo libro de Houellebecq baixo a cínico argumento de que se o escritor usa a Wikipedia de xeito libre, está autorizando a que calquera lle furte o traballo, segundo conta o escritor no seu Twitter. Si, sei que é difícil de entender: vén sendo como se alguén usa un programa informático gratuíto para dar clase e diso se deduce que renuncia ao seu dereito a cobrar por dar aulas de informática. A editora, Flammarion, anuncia accións xudiciais.
Posté par Jaureguizar à 11:59 - Commentaires [6] - Permalien [#]

dimanche 28 novembre 2010

TODO O QUE IGNORAMOS

Christopher Wolff, un estudoso intenso de Bach, rendeuse un día e confesou que prefería escribir sobre o que sospeitaba do compositor ca sobre o que contrastara. Vai acontecernos o mesmo con Del Riego, malia ser contemporáneo e vivir no noso país. Sabemos de Galaxia, a Real Academia, a Fundación Penzol,... pero sospeito que nunca accederemos ao oceánico volume da obra que non escribiu. Viuse atrapado no Vigo da posguerra, descubriuse renunciando a Del Riego para despistar ás maras falanxistas sobre o seu mitineo a prol do galeguismo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:46 - Commentaires [1] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 28 novembre 2010

UNS PRATOS RECOÑECIBLES

O director Jean Yves Puiton levou á pantalla unha metáfora da súa propia superación. Quería ser guionista de Hollywood, pero era incapaz de expresarse en inglés. Estudou a lingua, escribiu un guión e consegiu que un produtor llo financiase. 'Cuisine americaine' fala de si mesmo a través dun cociñeiro do exército norteamericano que ten a cocción de pizzas nun negocio familiar por toda aprendizaxe culinaria, pero que soña con dirixir un restaurante de varias estrelas en Francia. Do idioma dese país sabe pronunciar malamente... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
samedi 27 novembre 2010

O FOIE GRAS DE CONAN DOYLE

P. D. JAMES é unha señora perversa. Non polas novelas que escribe, que cada mata a quen lle peta e cando lle peta sempre que o perpetre en papel. A súa perversidade radica nas exploracións argumentais que perpetra en Todo lo que sé sobre novela negra (Ediciones B). A escritora asume que Conan Doyle deu co número do pin ao lograr un personaxe co que se identifica a sociedade británica da súa altura, pois é «imperialista, patriota, valente e tan pagado de si mesmo que presume de exercer máis influencia ca ninguén en Inglaterra sobre os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:09 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 26 novembre 2010

ICEBERG

A TARDE DE onte dediqueina a pasmar. A miña muller sempre me reñe cando o fago, non acaba de entender que pasmar valeulles aos gregos para crear o sistema filosófico máis complexo nunca ideado. Daquela déuseme por tratar de decidir que faría de ser eu Leonardo di Caprio e un director coma James Cameron me mandase empoleirarme na proa do Titanic. Por moi ben agarrado a Katherine Winslet que estivese, eu inclínome a negarme. Cameron é un director de autoridade e Winslet, unha magnífica actriz, pero o guión marca que o barco acabará... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 26 novembre 2010

PASOU DEL RIEGO

Cultura Galega: [Francisco Fernández del Riego, intelectual e escritor, morreu hoxe pola tarde en Vigo aos 97 anos de idade. Notario de profesión, Del Riego foi unha figura clave no proceso de reconstrución da cultura galega despois da Guerra Civil, pertencendo á xeración Galaxia e dedicando un importante papel na difusión e o apoio da cultura galega. Doou a súa importante colección documental e bibliográfica á Fundación Penzol en Vigo.]
Posté par Jaureguizar à 22:38 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 26 novembre 2010

PEREIRO: SEN CARTOS, PERO CON POLÉMICA

XOSÉ MANUEL PEREIRO, en El País: [Víctor Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia (Premio á Promoción Cultural), cuestionaba antonte esa lexitimidade de non aceptar un galardón, invocando respecto "ás regras do xogo". "Galicia ten as súas institucións e estes premios tamén son institución dun país. Non teño nada claro que cando están os nosos teñamos que aplaudir e, rexeitar cando non están os nosos", dixo no Diario Cultural da Radio Galega. "Estes premios non se aceptan porque non sexan dos nosos, caso... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:36 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 26 novembre 2010

APUPOS PARA FREIXANES, SILENCIO PARA FERRÍN

Continuamos sendo un país de bandeiríos: os nosos e os seus, os Andrade e os Pardo de Cela. E o que asome os fuciños fóra do castelo de seu é un traidor. Asistín durante todo o día de onte os asubíos a Freixanes por criticar que Fernández Paz rexeitase o Premio da Cultura Galega das Letras. Eu concordo con Víctor en que non se pode confundir o coxuntural co permanente: unha cousa son as persoas que nos representen neste momento na máis importante institución nacional e ben outra é a propia institución. Aínda concordando con el,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:32 - Commentaires [8] - Permalien [#]
jeudi 25 novembre 2010

GAÑAMOS 2 MICHELIN, PERDEMOS 2 MICHELIN

EFE: [Galicia ha logrado mantener en nueve el número de estrellas Michelín de sus establecimientos, aunque con algunos cambios. A la lista se han incorporado por primera vez los restaurantes Alborada, de A Coruña, y el Maruja Limón, de Vigo, que logran un distintivo por primera vez. Sin embargo, pierden el que ya tenían los restaurantes Casa Pardo, de A Coruña, y Casa Marcelo, de Santiago]
Posté par Jaureguizar à 22:15 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 25 novembre 2010

OUTRA GUIVERNY NO MILLO

Afortunadamente, hai xente que non atopa as cousas da edición escuras avocadas ao negro e se anima a proxectos novos. Para a miña sorpresa feliz, non paran de aparecer editorias en GZ.
Posté par Jaureguizar à 15:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]