Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 décembre 2010

"TÉÑENME FALADO DUNS CORREDORES BAIXO O OBRADOIRO

O blog do ENDL do IES de Pontepedriña, en Santiago, fai unha crónica da miña visita para falar de Corazón de Chocolate: [Uxío quere seguir os pasos do seu pai (que faleceu na guerra de Iraq). Por iso aparece na historia Señor Grozni, un gato con poderes especiais, que vai posibilitar o descubrimento do labirinto baixo a catedral, da Irmandade Xelmírez... ¿Canto hai de verdadeiro nesta historia? Algo hai. Sobre o descubrimento de América “Sábese que os vikingos do norte de Europa estiveron en Norteamérica antes do suposto descubrimento deste continente”. Con respecto á Irmandade Xelmírez “Téñenme falado moito, cando vivía en Compostela, dos supostos corredores subterráneos que comunican varias dependencias da catedral e arredores”. E de Xelmírez sabemos “que converteu unha aldea nun centro de peregrinacións a nivel planetario. Foi un personaxe clave na historia desta cidade”. Todo o demais é froito da imaxinación do autor, pero con base na realidade. “Sempre quixen contar a historia dunha maneira máis divertida. Todas as referencias ós edificios (construción, arquitecto, función...) e ás rúas que aparecen son reais. A única excepción é o instituto no que estudan os protagonistas. Para que non lle parecese mal ós que non estudaban nese mesmo instituto”.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité