ANTÓN BAAMONDE escribe sobre Del Riego en El País: [Conta Fernández del Riego nas súas memorias O río do tempo (Ediciós do Castro, 1990) que cando chegou a Vigo, en busca dunha atmosfera menos espesa e perigosa que a compostelá, acudía cada día ao bufete de Paz Andrade para familiarizarse co procedemento xurídico. Frustrada a posibilidade da docencia universitaria, malvivindo dun puñado de clases nun colexio privado, o licenciado en dereito quería abrirse outras posibilidades. Media hora despois de chegar ao despacho soaba o auricular para facer, de maneira anónima, unha ameaza: "Sabe vostede que está a vivir co permiso do enterrador?". Era unha pregunta que se repetía un día tras outro.]