mardi 7 décembre 2010

A DESMÁN DA GUÍA MICHELIN

A vida adulta das persoas comeza cando non resulta indiferente chantar a estrela do Nadal no curuto da árbore. Os restaurantes tamén pasan a outro grao de madureza ao figurar na Guía Michelin. «Agora temos unha estrelas ás costas», recoñeceume o lucense Rafael Centeno logo de darme voltas como a unha perdiz intentando convencerme de que nada cambiaba no seu restaurante, o Maruja Limón, de Vigo, tras ser recoñocido pola biblia neumática. Sei que non trataba de convencerme a min. O cociñeiro recoñecía ignorar o criterio polos que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 7 décembre 2010

UNHAS PSICOFONÍAS VENCEN Á PINTURA DESCONSTRUÍDA

Patricia Tubella, en El País: [La escocesa Susan Philipsz y sus audaces instalaciones sonoras se hicieron anoche con el Premio Turner de arte contemporáneo, desbancando a la gallega Ángela de la Cruz, que partía como una de las favoritas. El jurado del galardón -auspiciado por la Tate Britain- acabó decantándose por los montajes auditivos de Philipsz, que ha recurrido en sus propuestas a canales tan inusuales como los altavoces de una cadena de supermercados. El fallo del Turner dio la razón a los pronósticos de las casas de apuestas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:37 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 7 décembre 2010

DERRADEIRA HOMENAXE AO CRONISTA NON OFICIAL

Galicia Hoxe: Hoxe, ás dez da mañá, será incinerado no Tanatorio das Burgas, en Ourense, o cadáver de Marcos Valcárcel, historiador e periodista. O acto terá lugar en estrita intimidade, por desexo da familia, pero pola tarde, a partir das seis, no Liceo de Ourense, os seus amigos celebrarán unha pequena homenaxe con lecturas de poemas e de textos escritos polo propio Valcárcel, considerado "o cronista non oficial" da cidade.
Posté par Jaureguizar à 11:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 7 décembre 2010

PEREIRO FALA COAST TO COAST

IAGO MARTÍNEZ, en Xornal: [Conversa ultramarina é o diario que Lois Pereiro (Monforte, 1958-A Coruña, 1996) escribiu entre os meses de marzo e xuño de 1995 como unha longa e errática carta á xornalista Piedad R. Cabo. A que fora a súa parella na mocidade e até mediados dos 80, “cómplice até o final, para o bo e para o malo”, como revela nun documental aínda inédito, pasaba unha tempada en San Francisco. Esa carta, ese “testamento”, como el a alcumou, verá a luz este mes nunha edición ao cargo de Hugo Martínez para Edicións Positivas,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]