Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 décembre 2010

AIRE

Hai algo que deberíamos agradecer aos controladores, algo que por si podería ser un argumento completo para xustificar a folga borrokoide que perpretaron. A súa escapada cara á fin da noite é o tema perfecto para prender a fala cun descoñecido. O pasado venres descubrimos a frase panacea para relaxar a incomodidade de permanecer onda un descoñecido co que debes relacionarte. “E os controladores... Que?”. Largas á frase e logo volve cara ti un kit de sabedoría popular con argumentos que es quen de trazar por ti mesmo, pero que o teu interlocutor desafoga ás carreiras: “son uns caraduras, eu tamén traballaba nas fins de semana por eses salarios, cobran máis co ministro,...”. A protesta dos controladores é a conversa placebo que logrou desprazar ao asunto do tempo. Ata esta pasada ponte, o tema do clima era o diálogo estrela. Como nos faltan probas pedestres de cambio climático, porque este decembro non andamos en camisa de palmeiras, tendíamos a teatralizar o asunto denominando temporal á choiva intensa e onda de frío ártico ás nevaradas. Pero os controladores acertaron a encher o baleiro, a regular o espazo aéreo que se separa a dúas persoas que nunca antes se deron fala. E iso ten un valor económico superior ao que eles estragaron.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité