Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 décembre 2010

CANZONE

A NOITEBOA debería permitirnos escoller con quen queremos cear. Cada ano fantasío cun persoeiro como convidado. Pensaba para este en Julian Assange, pero anda no cárcere porque lle rachou un preservativo. Polo de agora non temos constancia de que Rubalcaba fose visto cunha agulla nas proximidades da súa casa, pero permanecerei atento ao Clan do Oso Cavernario na tdt. No Nadal póñome italianófilo, dáme por comer panettone e cantaruxar canzoni napolitana. Una notte á Napoli, e cousas así. Despois de intentos frustrados con Adriano Celentano e Mónica Belucci, estou facendo xestións para que Umberto Eco cee na casa o 24. Interesoume esa reflexión súa sobre Wikileaks de que se invertiron os papeis entre o poder e os cidadáns: «Agora son os cidadáns os que todo o ven». Engadiu que un poder tan traslúcido pode ver ameazada a autoridade que lle dá o secreto. A solución non é o polonio 210 á moda rusa, senón ese espectáculo non stop que monta Berlusconi. O presidente italiano mantén tanta actividade na pista central do circo, que ninguén repara no que argalla na tremoia. Marcarei logo o 0303456 que cantaba Raffaella Carrá para xestionarme a compañía de Il Cavaliere. Foi vocalista de canzone na súa mocidade, algo me aprenderá.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 426
Publicité