Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 décembre 2010

ALFREDO CONDE: "O SISTEMA LITERARIO GALEGO É UNHA COÑA"

Alfredo Conde concedeume unha entrevista para El Progreso que reproduzo.

Huesos de santo alimentou xa a súa propia lenda sobre que foi escrita a partir dun desafío que lle lanzou o tamén escritor Juan Gómez-Jurado. Non me diga que escribiu 445 páxinas por un reto.

Non é coña. Gómez-Jurado propúxome escribir un guión sobre o Camiño xuntos. Fixémolo e eu apuntei que vía unha novela nesa historia. El díxome: A que non te atreves a facela?

Teme que escribir sobre o Apóstolo en pleno Xacobeo pode ser interpretado como oportunismo?

Porque é a cidade na que máis levo vivido e a que mellor coñezo. Neste caso, a novela desenvólvese arredor da catedral.

E por que se mete aos seus anos a facer unha novela negra?

Terei anos, pero estou ben conservado! Eu entreguei unha novela, tanto me ten que sexa negra, verde, gris, ou o contrario. O malo do apelido é na meninxite, que a bacteriana mata e a viral, non;pero non na literatura. As novelas de Stieg Larsson ou de Henning Mankell son grandes, independentemente do xénero.

Comprobo que está ao día en literatura criminal...

Cando empezaba, lin novela negra porque así mo aconsellou o meu editor de entón, Akal. Agora procuro ler novelas boas, non miro o xénero.

Huesos de santo é unha novela compostelá, negra... e en castelán.

En castelán, si. O sistema literario galego é unha coña. Todo cristo -editores, vendedores, libreiros,...- vive decentemente del, menos os escritores. É algo que eu aplaudo, pero non entendo. Eu teño moitos anos e moitas obrigas; necesito tempo e diñeiro e, no que me leva traducirme unha novela, escribo outra e páganma. Este ano dei 38 conferencias en México; dez ou doce no resto de España e ningunha en Galicia.

Como bo escritor galego, quéixase moito...

Non me queixo, son datos. Deixei de escribir en galego porque deime de conta de que levaba vinte anos facendo o parvo, de que non se me quere e de que non teño amigos.

Está moi decepcionado?

Un antigo coñecido meu escribiu un artigo no que me puña a caldo e non me enterei en tres meses. Irritoume que, nese tempo, non houbese un amigo que me chamase para avisarme e que eu puidese defenderme. Cando tiven o cristo por gañar o premio Nadal hai vinte anos debía telo deixado, pero mantívenme na lealtade ao meu país. Nese vinte anos fixen 16 novelas en galego, tres libros de contos e poesía. Sendo o escritor galego con máis páxinas, recibín a soamente a póla de toxo de traidor. Os meus amigos quedaron calados.

Séntese maltratado polo sistema literario.

No caso do galego, non me sinto simplemente. Cando a editorial dos meus amores, Galaxia, publica Historia da literatura galega na que Dolores Vilavedra mete tres liñas dicindo: «Alfredo Conde escribiu Xa vai o Griffon no vento. Nos dez anos seguintes mantén unha traxectoria persoal, editorial, política e lingüística errática». Despois diso, mantívenme na crenza de que me defendería a miña obra. Eu nunca inconveniente en recoñecer cousas boas dos demáis. Mesmo co finado Casares: gañou o Julio Camba sendo eu xurado e loubeille novelas cando pensaba que debía facelo. Atopeime logo con que a xente non ten ese xeito de actuar. Cando estou fóra escoito cousas; cando estou en Galicia, silencio oprobioso.

Non hai volta atrás na lingua?

Nun congreso sobre a miña obra díxose que hai poucos novelistas con dez obras que se sosteñan como é o meu caso. Non teño interese nos usurpadores do sistema literario galego que ocuparon os postos do sistema burocrático que se xerou. Cando tivenresponsabilidade e me informaba de que alguén estaba pasándoo mal, pasaba pola súa casa para axudalo. Cando eu tiven problemas, por esta casa non pasou nin dios.

Que pensou cando Suso de Toro deixou de ser profesional e protestou pola falta de atención?

Outra vaca no millo. Suso ten toda a razón do mundo.

A estas alturas impórtanme un carallo as interpretacións que fagan da miña obra. Como esta novela está funcionando moi ben, a editorial pediume outra novela policíaca. Xa teño historia. En Huesos de santo cóntase o crime de Regino, que morre afogado nunha bañeira. Ese cirme queda sen resolver. Está baseado no caso do xornalista lucense Gerino Núñez. Pero veño de México, estiven vendo excavacións e decidín escribir unha novela sobre a Conquista. A policíaca venderíase máis, pero apetéceme máis estoutra.

Por que, logo, esa novela sobre Compostela?

Publicité
Publicité
Commentaires
V
Pois iso, que ten mais razón que Dios!
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité