lundi 20 décembre 2010

O DIRECTOR DA RAE, A PROL DA INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

JOSÉ MANUEL BLECUA, máxima autoridade lingüística española: [“El catalán tiene que sobrevivir. No se trata de vivir, sino de sobrevivir y la inmersión lingüística es de las pocas cosas que le permite hacerlo“. Con esta contundencia se ha manifestado el nuevo director de la Real Academia Española, José Manuel Blecua (Zaragoza, 1939), catedrático emérito del departamento de Filología Española de la Universidad Autónoma de Barcelona. “El catalán tiene que sobrevivir. Desgraciadamente, uno pasea por las calles y ve un periódico en catalán... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 20 décembre 2010

O PIM PAM PUM DE ALFREDO CONDE

HAI ESCRITORES máis interesantes cas súas obras. Michel Houellebecq nunca conseguirá un personaxe co volume do Houellebecq que se proxecta na prensa. Adoito ler o que se escribe sobre el e as súas declaracións, pero as súas novelas acaban sendo bólas para un árbore de Nadal: brillantes, pero esféricas -xiran sobre si- e baleiras. Seica el decatouse da súa eiva como creador de tipos e asemade do seu talento como promotor da súa dimensión pública, e decidiu poñerse a si mesmo como protagonista, como acontece en O mapa e o territorio... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 20 décembre 2010

TINTIMÁN SERÁ PROTAGONISTA NO NADALXOGO

Blog de Xerais: [O escritor Santiago Jaureguizar estará no Nadalxogo, en Compostela, asinando exemplares do seu libro Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela, os días 23, 25, 27 e 28 de decembro, así como o día 2 de xaneiro. O Concello de Santiago está a empregar o personaxe Tintimán durante as actividades de Nadalxogo a fin de promocionar a lectura e promover o coñecemento da cidade. Podes atopar a Tintimán, o reporteiro máis novo e arrichado do país, dentro do Espazo Tintimán do Nadalxogo, no Multiusos Fontes... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]