Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 décembre 2010

FARTO DE COMER RENO

PAPÁ NOEL FARÁ o vindeiro venres o seu Grand Tour polo resto do mundo, como a que facían os rapaces de casa grande do século XIX aos dárenlle as costas á adolescencia. Daquela poderá probar os turróns que lles deixarán a xeito de petisco en casas incardinadas en gastronomías ben variadas

Supoño que Santa agradecerá este cambio de dieta porque botar o ano almorzando pescados afumados e xantando carne de reno con puré de pataca é un suplicio. Estes días seica anda pola rexión de Kainuu, no nordeste de Finlandia, onde a sópa típica é un caldo pálido, patacas, manteiga derretida e cebola picada. Adoita engadírselle leite ou nata, o que dá unha idea de que o padal dos fineses debe de estar cuberto dunha fina capa de coiro ou, agora, de gore tex.

Hai uns anos fun dar unha volta por Estocolmo, que son tamén dominios do repoludo do pixama vermello. Na noite da aterraxe optei por cear sobre certo, que é o que se debe facer cando un se adentra en territorio gastronomicamente comanche. Xeralmente busco unha pizzería porque malo será non atopar un cociñeiro italiano ou, no seu defecto, un indíxena que sexa quen de non estragar unha pizza Buitoni conxelada.

Pola mañá asumín que se me acabara o tempo de ignorar a oferta local sueca, polo, logo de entrar na sala de bufet libre, achegueime resignado ás bandexas do peixe. Como os señores e as señoras altos, loiros e traxados se servían arenques salgados ou afumados, salmóns marinados e outros peixes cociñados de xeitos que baten en calquera papila gustativa aínda por espertar.

O motivo de salgar, afumar ou marinar, comenzou sendo conservar durante un tempo os alimentos nun medio no que as oportunidades para cazar ou pescar decotío está marcada pola incerteza das invernías prolongadas e extremas. Todos eses problemas foron resoltos coa popularización dos frigoríficos e aínda van ter unha volta de porca máis coa carne artificial.

Ignoro se Noel aceptará probar a carne artificial de reno. Coa idade que debe de ter se atendo ao seu físico, non estará para aventurarse nos produtos que nos regalan os avances da ciencia, aínda que lle agradecería que dese unha oportunidade ao compostelán Marcelo Tejedor na aposta de risco pola alta cociña a contrarreembolso.

Cando Tejedor gañou unha Michelin criticóuselle bravamente nos blogs por ter integrada cociña e restaurante, e polo revoltallo de que camareiros e cociñeiros non tivesen diferenzadas as funcións. Agora que a perdeu, o cociñeiro galego escaneou a carta para vendela por internet neste tempo.

Asegura que os pedidos, «que duran ata 21 días», estanlle chegando mesmo dende Barcelona. O mellor? Que inclúe pescada de Celeiro. Este menú de mensaxería sen moto podería ser unha boa alternativa para que Papa Noel celebre o día 25, unha vez regresado á casa polo Nadal.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité