mardi 21 décembre 2010

FARTO DE COMER RENO

PAPÁ NOEL FARÁ o vindeiro venres o seu Grand Tour polo resto do mundo, como a que facían os rapaces de casa grande do século XIX aos dárenlle as costas á adolescencia. Daquela poderá probar os turróns que lles deixarán a xeito de petisco en casas incardinadas en gastronomías ben variadas Supoño que Santa agradecerá este cambio de dieta porque botar o ano almorzando pescados afumados e xantando carne de reno con puré de pataca é un suplicio. Estes días seica anda pola rexión de Kainuu, no nordeste de Finlandia, onde a sópa típica é... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :