Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 décembre 2010

A MONTE

A LOTERÍA non me tocou, como non lles tocou a Pachi nin a Ángeles. Agardaba que ningún dos tres viríamos dispararse o noso indicador de felicidade. A sorte quere que a busquen, aserta o refrán vasco. Tanto Pachi Vázquez coma Ángeles González-Sinde compraron papeletas a esgalla, pero desprezaron a lei da probabilidade. Vázquez busca asentar un liderado cambaleante cortando as cabezas dos Mozos Turcos nunha inmolación que acabará deitándoo senón lle sae un pacto in extremis con Rego e Caride. González-Sinde, permitiuse un ridículo retransmitido por Twitter. «O da Lei Sinde está máis emocionante ca un fin de tempada de Dexter», animaba un internauta antes da votación na que a ministra logrou unicamente que a apoiasen os seus e grazas a unha disciplina de partido que semella un castigo de internado británico. A lei viña tolleita, pero deixa os aproveitamentos culturais a monte. A lotería foi para os que seguirán usando como lles pete películas, cancións ou libros alleos que custa esforzo e cartos producir. As señorías da oposición contaron os votos do populismo en vez de atender á necesaria parcelación desta anarquía. Unha persoa, un cargo tampouco é bo principio para ir a algures. A min non me tocou a lotería. Probarei a xogar en 2001.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité