jeudi 23 décembre 2010

A MONTE

A LOTERÍA non me tocou, como non lles tocou a Pachi nin a Ángeles. Agardaba que ningún dos tres viríamos dispararse o noso indicador de felicidade. A sorte quere que a busquen, aserta o refrán vasco. Tanto Pachi Vázquez coma Ángeles González-Sinde compraron papeletas a esgalla, pero desprezaron a lei da probabilidade. Vázquez busca asentar un liderado cambaleante cortando as cabezas dos Mozos Turcos nunha inmolación que acabará deitándoo senón lle sae un pacto in extremis con Rego e Caride. González-Sinde, permitiuse un ridículo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

jeudi 23 décembre 2010

A FELICIDADE DE TINTIMÁN: SEGUNDA EDICIÓN

Tintimán soborda felicidade hoxe. Cando estaba gozando do éxito do seu debut no Nadalxogo, cos obradoiros dedicados á súa figura cheos de rapaces participando, informárono de que o libro sobre as súas aventuras en Santiago, Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela, acadaba a SEGUNDA EDICIÓN. Estavos moi agradecido.
Posté par Jaureguizar à 23:49 - Commentaires [1] - Permalien [#]