Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
24 décembre 2010

PROTESTARÁ MARINA MAYORAL TAMÉN CONTRA ANTÓN LOPO?

Galicia Hoxe: [Manuel Rivas eliminará da próxima edición de ‘Todo é silencio’ o topónimo de Brétema tras os receos amosados pola escritora Marina Mayoral, que vén utilizando o termo desde 1979. Porén, non é Manolo Rivas a única competencia que lle saíu esta temporada: Brétema é como se denomina un dos escenarios principais de ‘Obediencia’, a última obra de Antón Lopo].

Hai que ter en moi elevada estima a obra dunha para aceptarlle a un grande a oferta de que mudar unha novela. Manuel Rivas é considerado e humilde, pero Marina Mayoral debería rexeitarlle a proposta. Brétema é un topónimo coñecido 23.900 veces.

Publicité
Publicité
Commentaires
X
Haberá mil escritores que empreguen nomes similares a Región, pero chega un escritor en castelán a Alfaguara (editora de Juan Benet) cunha novela que suceda en Región (exactamente ese nome, non un semellante) e convídanlle a mudar o nome.
Répondre
P
Hai varios escritores no mundo que utilizan o similar a Region. Parvadas e parvadas. Isto si que é usurpación. Dentro de cen anos, unha moza galega non poderá chamar á súa aldea Brétema por puro señoritismo caciciquil. Esta é a cuestión.
Répondre
X
Eu creo que a cuestión non son os milleiros de uso da palabra "brétema". Estamos a falar do espazo imaxinario onde sucede a obra dun autor. E creo que puxen un exemplo ben axeitado: Región, o lugar da narrativa de Juan Benet. Estou máis que convencido de que chega un escritor en castelán a Alfaguara cunha novela que suceda en Región e convídanlle a mudar o nome.
Répondre
J
Co dos 23.900 intentaba amosar que hai milleiros de usos desa palabra no país da Brétema. Penso agora no libro de Suso de Toro, no blog de Bragado,... buf! Son tantos.
A mín esta protesta de Mayoral sóame a cando as orquestras denunciaban a Julio Iglesias por plaxio.
Répondre
X
E que queres dicir co de que "Brétema é un topónimo coñecido 23.900 veces". Vaia argumento demoledor!

A ningún escritor en castelán se lle pasaría empregar Región, o lugar das novelas de Juan Benet.

E Región, se tes tempo e miras no Google, é coñecido pode que bastante máis.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité