Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 décembre 2010

ALFREDO CONDE RECOÑECE DE FACTO QUE NON ARGALLEI NA SÚA ENTREVISTA

Ao día seguinte de acusarme de argallar unhas declaracións súas, ALFREDO CONDE, reproduce as mesmas afirmacións que eu recollín, do que se deduce que non as inventei, nun outro artigo: [Un xornalista publicou unha entrevista bastante relacionada coa moi longa que me fixera por teléfono non había moitas horas. Onde eu afirmara que fixera o parvo mantendo unha lealdade de vinte anos a unha lingua, a unha literatura e máis ó sistema literario cas envolve o destacado foi que fixera o parvo escribindo en galego. Semella o mesmo pero non é. Non fixen o parvo escrebindo en galego. Escrebir en galego non é unha parvada e eu, que non me teño por parvo, nunca afirmaría tal cousa. O que sí se me antolla a mín unha parvada é se manter fidel a un sistema literario, a unha lingua e máis a unha concepción do mundo que te rexeitan ó longo de vinte anos, que te excretan de seguido do contexto no que ti te inscribes, curiosamente, dende moito máis antes que os máis dos dictadores das pauliñas ó efecto e logo de ter escrito máis páxinas en galego e con máis repercursión e aproveitamento exterior, pró teu propio sistema literario, que no caso dos máis dos teus coetáneos.

O sistema literario galego non é unha coña. O que si o é, e implica que algo se estea a facer mal é o feito de que, lexítima e dignamente (e lástima que non fose gañando máis por elo) vivan do seu traballo dende os profesores ata os contables das editoriais, pero non unha porcentaxe de escritores, tan mínima, que estremeza o simple feito de pensala. Tamén é, senón sospeitoso sí alarmante, que logo de trinta anos non apareza por ningures unha xeneración de lectores en galego que sosteña o propio sistema sen necesidade de subvencións e outras miserias. ¿Quererá dicir que algo se esta a facer mal?]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 426
Publicité