La Voz: [A diversión infantil está servida no Multiusos de Sar ate o 3 de xaneiro co variado programa de actividades lúdicas e didácticas que propón a Concellaría de Educación nunha nova edición de Nadalxogo. Non faltan novidades como a que ofrece o Salón do Libro que funciona neste ámbito para a distensión. Son os obradoiros arredor do libro de Jaureguizar Corazón de chocolate , que por un lado xira arredor do mundo Tintimán, coa proxección de peliculiñas de animación na caravana Caixiña de mixtos e facendo eles mesmos personaxes animados, e doutro elaborando corazóns de chocolate comestibles coa axuda de Alba Blanco.]