vendredi 10 décembre 2010

COMERÍAMOS ALGO MÁIS CA POLO?

Polo produtor da barbarismo "o nacionalismo causou as peores carnecerías da Historia", chega a sensatez de "a diversidade arriquece as nosas vidas". Este señor debería reflexionar e buscar un acordo consigo mesmo ou acabaremos todos comendo polo de granxa como prato único. O nacionalismo, nomeadamente o cativo, é o único modelo para garantir a diversidade.
Posté par Jaureguizar à 11:23 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 10 décembre 2010

AIRE

Hai algo que deberíamos agradecer aos controladores, algo que por si podería ser un argumento completo para xustificar a folga borrokoide que perpretaron. A súa escapada cara á fin da noite é o tema perfecto para prender a fala cun descoñecido. O pasado venres descubrimos a frase panacea para relaxar a incomodidade de permanecer onda un descoñecido co que debes relacionarte. “E os controladores... Que?”. Largas á frase e logo volve cara ti un kit de sabedoría popular con argumentos que es quen de trazar por ti mesmo, pero que o teu... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
jeudi 9 décembre 2010

TRAN ANH HUNG: "QUIXEN TRANSMITIR A FRESCURA DE NORWEGIAN WOOD'"

TRAN ANH HUNG: [The first time I read the book, I liked it so much that I didn’t want to read other books by the author. I wanted to keep the very fresh feeling from Norwegian Wood. What is really great in the book, between the lines — between the narration — there is something that works in a really mysterious way. We feel that there is a very intimate relationship between the book and the reader. I wanted to find something to bring this kind of feeling to the audience and to bring out something deeply hidden inside of people. That... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 9 décembre 2010

ISTO É QUE QUEREMOS: RIVAS EN CHINÉS

XERAIS: A editorial chinesa Shanghai 99 realizará unha edición de 8.000 exemplares de Que me queres amor?, o libro de de relatos co que Manuel Rivas obtivo o Premio Nacional de Narrativa en 1996. O proxecto asinado coa editorial chinesa supón continuar coa edición do resto da obra narrativa de Manuel Rivas.  Esta tradución supón outro fito para a literatura galega que da man de Manuel Rivas amplía a súa presenza no mundo.
Posté par Jaureguizar à 17:16 - Commentaires [1] - Permalien [#]
mardi 7 décembre 2010

A DESMÁN DA GUÍA MICHELIN

A vida adulta das persoas comeza cando non resulta indiferente chantar a estrela do Nadal no curuto da árbore. Os restaurantes tamén pasan a outro grao de madureza ao figurar na Guía Michelin. «Agora temos unha estrelas ás costas», recoñeceume o lucense Rafael Centeno logo de darme voltas como a unha perdiz intentando convencerme de que nada cambiaba no seu restaurante, o Maruja Limón, de Vigo, tras ser recoñocido pola biblia neumática. Sei que non trataba de convencerme a min. O cociñeiro recoñecía ignorar o criterio polos que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 7 décembre 2010

UNHAS PSICOFONÍAS VENCEN Á PINTURA DESCONSTRUÍDA

Patricia Tubella, en El País: [La escocesa Susan Philipsz y sus audaces instalaciones sonoras se hicieron anoche con el Premio Turner de arte contemporáneo, desbancando a la gallega Ángela de la Cruz, que partía como una de las favoritas. El jurado del galardón -auspiciado por la Tate Britain- acabó decantándose por los montajes auditivos de Philipsz, que ha recurrido en sus propuestas a canales tan inusuales como los altavoces de una cadena de supermercados. El fallo del Turner dio la razón a los pronósticos de las casas de apuestas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:37 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 7 décembre 2010

DERRADEIRA HOMENAXE AO CRONISTA NON OFICIAL

Galicia Hoxe: Hoxe, ás dez da mañá, será incinerado no Tanatorio das Burgas, en Ourense, o cadáver de Marcos Valcárcel, historiador e periodista. O acto terá lugar en estrita intimidade, por desexo da familia, pero pola tarde, a partir das seis, no Liceo de Ourense, os seus amigos celebrarán unha pequena homenaxe con lecturas de poemas e de textos escritos polo propio Valcárcel, considerado "o cronista non oficial" da cidade.
Posté par Jaureguizar à 11:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 7 décembre 2010

PEREIRO FALA COAST TO COAST

IAGO MARTÍNEZ, en Xornal: [Conversa ultramarina é o diario que Lois Pereiro (Monforte, 1958-A Coruña, 1996) escribiu entre os meses de marzo e xuño de 1995 como unha longa e errática carta á xornalista Piedad R. Cabo. A que fora a súa parella na mocidade e até mediados dos 80, “cómplice até o final, para o bo e para o malo”, como revela nun documental aínda inédito, pasaba unha tempada en San Francisco. Esa carta, ese “testamento”, como el a alcumou, verá a luz este mes nunha edición ao cargo de Hugo Martínez para Edicións Positivas,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 6 décembre 2010

LIBERAR LIBROS COMA VISÓNS

UN BLOGUEIRO, Florian Gallaire, decidiu rebentar a última novela de Houellebecq, O mapa e o territorio na súa versión electrónica. Florian aplicou unha xustiza poética de verso solto, de soneto con sílabas mal contadas. Liberou unha obra allea coa irreponsabilidade coa que os ecoborrokas ceiban visóns. O blogueiro esvarou polo bucle vingativo de que o escritor botou man duns parágrafos da wikipedia sen citar orixe. Eu agora teño medo porque ás veces uso frases de amigos para os artigos e non inclúo un apartado de créditos, polo que... [Lire la suite]
vendredi 3 décembre 2010

JUAN PALOMO MALMETE ENTRE MAYORAL E RIVAS

TATI MANCEBO manifesta en Twitter a súa sorpresa, que eu partillo, pola reclamación toponímica de Marina Mayoral: [Non entendo onde está o problema sobre a nova de Rivas nin por que vai cambiar o topónimo en próximas edicións]. Juan Palomo, na corrala 'La papelera' de El Cultural de El Mundo, recolle o asunto malmetendo na corrala 'La papelera' de El Cultural de El Mundo. Palomo busca unha intencionalidade perversa que eu non lle atopo ao asunto. No apartado de comentarios reflíctese como Alfaguara e Rivas molestánse en ofrecer unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]