Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 janvier 2011

ALFREDO CONDE: "UNHA FORZA POLÍTICA CONDENOUME A MORTE NA TRANSICIÓN"

XABIER BLANCO asina unha entrevista con ALFREDO CONDE en Xornal. O escritor conta: [Unha vez que estabamos comendo Olegario Sotelo, Carmen Carballo e algunha outra xente... eu comentei que a min me condenou a morte na Transición unha forza política galega. (...) Non era unha morte morte, era unha morte psicolóxica. Que había unha conferencia, pois a nosa xente tíñase que levantar e dicir “Alfredo Conde é un fillo de ...” Era a morte, a degradación da personalidade. Esas cousas na historia dos países suceden nalgúns momentos. Eu quero crer que esta xente está no seu dereito de ignorarme e de potenciar a xente da súa propia corda. Cando iso sucede dunha maneira flagrante pois é penoso. Eu enfadeime moito durante moitos anos, pero a pesar dese silencio e esa ignorancia pois son o escritor galego vivo con máis páxinas escritas en galego. É unha contradición solemne, pero son consciente de que iso pasa, pero a min xa me chove por riba. Non me preocupa. Sufrín moito ata hai dous anos, cando fun consciente dun xeito real da miña situación e pensei que malia manterme leal e consecuente durante vinte anos cheguei ata aquí. Agora síntome absolutamente liberado e non me doe.]

[Eu penso que o conselleiro ten a razón (cando di que a cultura galega está ensimesmada). E penso tamén, e por eso firmei a carta, que o conselleiro non debe dicir iso. Iso podo dicilo eu, pero non o conselleiro. Agora, temos unha autocontemplación umbilical que empeza a ser preocupante.]

[Eu conto as cousas como as vivín e de momento a min ningúen me leva contradito nada do que levo dito. De momento, silencio absoluto. E non creo que sexa por silenciarme, senón porque hai que estar calados porque podo contar máis cousas.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité