Galicia Confidencial: [O humorista gráfico Xaquín Marín anunciou a renuncia ao premio Osíxeno de honra que lle concedeu este mes ADEGA, a asociación ecoloxista máis importante do país, pola defensa da natureza a través dos seus numerosísimos debuxos. Cómpre ter en conta que ADEGA tamén deu un premio, desta volta negativo, a La Voz, xornal no que publica dende hai décadas o veterano artista. Os ecoloxistas acusaran ao diario de Santiago Rey de favorecer ás grandes coporacións nas polémicas medioambientais e ter unha liña editorial contraria ao galego. Nunha mensaxe en Facebook, Marín argumenta que "como resulta que o traballo polo que se me premia, na súa maioria, se desenvolve neste xornal, e polo tanto dentro da súa liña editorial, entendo que habería unha falla de coherencia se eu aceptara a distinción. Polo que comuniquei a ADEGA ao pouco da concesión, a miña renuncia a recibir dito premio".]