Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 janvier 2011

UN HOME SÓ

Permitan hoxe que o Cabaret Voltaire amose o making off da sonada entrevista. O asunto é que se me pediu que a realizase por motivos humanitarios. Concebina como un amaño porque non lle vía moito percorrido ao asunto e andaba en xeiras máis importantes e atractivas. Aínda con desgaña, chamei ao entrevistado e comecei o habitual formulario de quecemento, unhas preguntas-lixo que adoito facer para relaxar ao personaxe e axudalo a que se concentre. Para a miña sorpresa, comezou a darme titulares dende o minuto cero. O vello león que se crera apto para ser O Rei da Selva e acabou en Rei das Tortas lambiase as feridas, algunhas tan vellas que eu xa as daba por cicatrizadas. Víronseme á cabeza renarterías do entrevistado sobre as que el adoita chorar os sete chorares sen lograr compaixón de ninguén, pero pareceume cruel e fóra de lugar. El determinou o seu destino: ser un home só. Eu deixeino ir. Foi o entrevistado quen se ocupou de deostar vinte anos da súa propia carreira, foi quen faltou ao respecto a finados, foi el que deu opinións pouco positivas sobre mulleres que o amaron, foi el quen sinalou mans negras de editores,.... foi el quen desvelou moitos segredos salvaxes que me coidei de publicar, nunha cándida misericordia, por non reforzar a súa imaxe de monstro de feira. Pero que non se engane, que sei gardar os segredos e os que me achegou el aínda os conservo na súa viva voz.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité