dimanche 9 janvier 2011

ARTUR MAS: "ESPAÑA NO PUEDE SEGUIR PENSANDO EN CATALUÑA COMO REGIÓN PERIFÉRICA PENINSULAR"

O director de La Vanguardia, José Antich, fai un traballo mestre entrevistando a ARTUR MAS: [Durante treinta años hemos intentado honestamente transformar el Estado español en un Estado plurinacional en el que Catalunya se sintiera respetada, bien acogida y comprendida pero no hemos tenido éxito. En los últimos treinta años y en los últimos 150. Admito que España, que se considera una nación, tiene derecho a no ser cambiada. Son más que nosotros y tienen más fuerza. Pero al mismo tiempo, les pido que hagan un reconocimiento igual en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 9 janvier 2011

PICNIC NO BOSQUE QUEIMADO

OS COCIÑEIROS españois empezaron ben o ano. Grazas a esa estupenda lei seca do tabaco poden traballar sen a obriga de ter en consideración as papilas gustativas alcatranadas. Poden preparar os pratos para seren degustados sen a maridaxe amarga do fume. Eu xa levara unha alegría con aquel apartheid que rematou coa tortura que padecíamos os que non somos fumadores e que xantábamos nos restaurantes coa sensación de estar asistinto a un picnic nun bosque queimado aínda fumegante.Os establecimentos hosteleiros vascos adiantáronse no remate... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 9 janvier 2011

CUERDA: "RIVAS TEN PERSONAXES DOUS DEDOS POR RIBA DA MEDIA HUMANA"

JOSÉ LUIS CUERDA  cóntalle a ALBERTO RAMOS, en Xornal: [Gerardo Herrero díxome un día que tiña un guión de Manuel Rivas moi bo e que o tiña que ler. Eu pensei que quería a miña opinión, pero cando me dixo que era para que o fixese eu dixen que si, que claro. A obra ten personaxes que van dous dedos por riba dos padróns medios do ser humano. Hai personaxes que son fascinantes e que haxa unha comunidade pequena permite amosar un microcosmos no que se expresan elementos dunha sociedade. A cultura galega? A cultura galega inclúe... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 9 janvier 2011

GALLEGO JORRETO, UNHA MEDALLA PARA UN CAMPIÓN

Beatirz Pallas dá conta na Voz do recoñecemento a un dos meus arquitectos favoritos: [O rigor construtivo, a precisión formal e a condición ética da súa obra. Son algunhas das palabras coas que o Consello Superior de Arquitectos de España cualifica o traballo de Manuel Galego Jorreto (O Carballiño, 1936) e explica os motivos para conceder ao arquitecto galego a súa medalla de ouro. «É un premio que me colle desprevido porque fai referencia a toda unha carreira e non me deu conta de que o tempo pasa», aseguraba onte o creador de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 9 janvier 2011

VENTOSO: "A UNIVERSIDADE DEBE FOMENTAR O AFÁN DE SABER MÁIS CO DE APROBAR"

Luis Ventoso, en La Voz: [Cada ano asistimos ao oficio mendicante dos reitores galegos: «¡Necesitamos máis diñeiro!» E seguro que teñen razón. Pero tamén necesitamos catedráticos e profesores que traballen máis, un ensino que se pareza en algo ao mundo laboral, titulacións prestigiadas no mercado e un clima universitario que fomente o afán de saber, máis que o de aprobar. Marabillosa España. Onde podes sacar Económicas sen ler un só libro de Adam Smith, Keynes ou Friedman. Ou aprobar Xornalismo sen saber falar nin escribir.]
Posté par Jaureguizar à 16:20 - Commentaires [0] - Permalien [#]