Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 janvier 2011

FRANCISCO PILLADO: "O IGEA ESE NON ME PARECE SERIO"

FRANCISCO PILLADO, en conversa con Iago Martínez para Xornal: [O IGEA ese que preside Anxo Quintana non me parece serio. O seu paso pola Xunta foi nefasto, permitiu entre outras cousas que outra ignota, Ánxela Bugallo, fose conselleira de Cultura. Non quero entrar nesa polémica, os puntos sobre os is xa os puxo Pilar García Negro en Xornal. Esta mala conciencia dos galego falantes, isto de que se cadra nos pasamos, non a teñen os castelán falantes. É puro masoquismo.]

Publicité
Publicité
Commentaires
L
Aplausos, Calidonia. Mellor non se pode dicir. "Cada vez menos, pero cada vez máis puros", esa parece ser a consigna dos gardiáns das esencias. Estes si que son iluminados, e non os que lle dixeron a Higüaín que non facía falta pasar polo quirófano.
Répondre
C
Tiña a Pillado por unha das mentes mellor amobladas do nacionalismo, pero esta entrevista, feita precisamente neste momento de crise e neesaria redifinición, obrígame a consideralo un fundamentalista máis.

Identificar a todo galego castelanfalante como xente con mala conciencia, isto é, como inimigos do idioma, retrata perfectamente ben a deriva de enroque, resistencialismo e renuncia á reflexión que está a abrazar o sector máis duro, hermético e dogmático do nacionalismo galego.

Pillado e compañía deciden así situarse nas antípodas do sector minoritario de castelanfalantes galegófobos, seguindo así a consigna de quen a ferro mata a ferro morre.

Non me atoparán nesa viaxe.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité