Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 janvier 2011

LÓPEZ SILVA: "QUERO FEIJOO ME INSPIRE PARA A GRAN NOVELA GALEGA"

INMA LÓPEZ SILVA, no blog de Galaxia: [Pedinllo en 2009 e 2010, pero insisto: Presidente, convídeme a cear. Os seus asesores aínda non lle dixeron que a cultura do país non son só as actrices e modelos? Non quere ser aprezado por rodearse de escritoras, coma o xeneral De Gaulle? Quizais en 2010 tivo medo de min, imaxino que pola barreira idiomática, pero despreocúpese, amigo Feijoo, son cuatrilingüe, así que falaremos no que se sinta máis poderoso. Eu só quería regalarlle uns libros e que me axude a inspirarme para a gran novela galega. Cousiñas de escritoras! E se o que o bota para atrás son os temas, prometo non falar da Cidade da Cultura baleira, nin de Gloria Lago ou Rouco Varela, o aborto, ou a súa estraña concepción da sanidade pública. Nin sequera lle falarei de amor. Podemos falar desas cousas das que falan os presidentes que comezan a alternar con escritoras: a comida, o tempo, Belén Esteban. Presidente, 2011 ten que ser o ano da nosa cea. Non sexa parvo e aproveite, que, se non, igual José Manuel Baltar si que me invita, e logo o mérito vaino levar el.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité