mardi 11 janvier 2011
BALCANIZACIÓN EDITORIAL
ABONDOU CON que se anunciase que 2010 sería o ano do libro electrónico, abondou co que a Lei Sinde fracasase no intento de asaltar a cova de Alí Babá e os Corenta Descargadores para que empezasen a agromar editoriais en Galicia. Mentres as cifras de vendas de dispositivos para lectura en pantalla son un misterio en Europa, raro foi o mes do ano pasado no que os axentes culturais non recibisen notificacións con acuse de recibo nos seus buzóns de correo electrónico informándoos da aparición dun selo. Ás veces proviñan de xente... [Lire la suite]
mardi 11 janvier 2011
NOBEL NUNCA TERÁ UN CUNQUEIRO
As vitorias teñen moitos pais. O realismo máxico, a maior operación intelectual e comercial de toda a historia da literatura, ten unha nai coñecida, a axente Carmen Balcells. Gabriel García Márquez reforzou o mito do matriarcado asegurando que quen lle aprendera a narrar fora a súa avoa galega. Non resulta difícil representarse a Cunqueiro cun pano de loito, como o que durante décadas, cubriron as cabezas das vellas do país. A imaxe pode resultar choqueira, pero reveladora das verdadeiras influencias do colombiano. Darío Villanueva... [Lire la suite]
mardi 11 janvier 2011
JULIO IGLESIAS, BARATO, BARATO
Ás veces chegan ás redaccións notas de prensa de promotoras que semellan buscar o contrario da exaltación. A axencia Comunicae remarca a baixada do Gólgota de Julio Iglesias: [El cantante español más internacional de todos los tiempos, Julio Iglesias actuará en el Gran Teatre del Liceu de Barcelona, los días 19 y 22 de mayo de 2011. Las entradas julio iglesias más económicas se agotaron nada más ponerse a la venta. De esta forma en Servicaixa, se puede observar como únicamente quedan disponibles un centenar de entradas a partir de... [Lire la suite]
mardi 11 janvier 2011
LLO VOU DICIR
Son incapaz de distinguir a Feijoo de Vázquez escoitándoos na radio. Ambos os dous usan a fórmula "Llo vou dicir..." para empezar as frases. Menos mal que nos queda Pilar Rojo.
mardi 11 janvier 2011
DOLORES VILAVEDRA: "DEBATIUSE SOBRE ALFREDO CONDE, PERO NON PASOU NADA CON BIEITO IGLESIAS
Vanesa Oliveira entrevista a DOLORES VILAVEDRA, en Galicia Hoxe: [O debate que se xerara ao redor de Alfredo Conde é, no fondo, un debate de identidade. Volve ser o eterno debate de que entendemos por literatura galega, cales son os seus límites... É interesante como ese debate muda ao longo do tempo: prodúcese con Alfredo Conde pero case non pasa nada cando Bieito Iglesias decide presentarse a un premio en castelán.
Somos unha sociedade hiperfilolóxica na que se lle concede demasiado protagonismo á lingua e onde todo o mundo se... [Lire la suite]
