Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 janvier 2011

BOB HOPE PEDINDO ESMOLA

O OUTRO DÍA vin a Bob Hope nunha rúa. A mañá amencera fresca e o pavimento grisverdoso da humidade. Bob estaba encrequenado coa mesma expresión de sambernardo bochechudo e tristeiro das súas últimas películas. Naquelas cintas, o seu aceno amargo estaba dramatizado e buscaba a risa. O outro día, non. Bob Hope pedía esmola tratando de amolecer os corazóns dos peóns cun gorro de Nadal xa fóra de tempada. O seu outlet era o derradeiro recurso da desesperación. Non lle dei un céntimo; non porque non me conmovese descubrir alí a un mito de Hollywood, senón porque fiquei incrédulo. Eu lera a David Bisbal acusando á piratería do peche de Vale Music, lera que as grandes produtoras deron a extrema unción ao dvd para intentar termar do negocio ofrecendo descargas legais en internet. Mesmo lin a Cuerda razoando con paciencia que «non se pode discutir o evidente: as películas teñen propietario». O director diferenzaba entre cultura e produto cultural apuntando a que a cultura debe ser gratis, pero os produtos culturais, non. «Hai un custo para producilos», alegaba con obviedade. E mira que hai milleiros de amantes da cultura que se negan a comprendelo! Eu non sei que facía Bob Hope provocando a caridade peonil, quero pensar que non era culpa de que ningún estudo cinematográfico o contratase por falta de cartos. Pero alí vin. Dende logo, de non ser el, imitáballe montes e moreas. Ao seu carón, había unha vella. Estaba sentada contra o seu ombro dereito e cubría a cabeza cun pano negro de Chanel. A cabeleira loira platino escapáballe en rizos. Ela tamén se amosaba disgustada. E, se non era Marilyn, facíaseme cuspidiña a ela.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 430
Publicité