Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 janvier 2011

GALICIA HOXE: "AS NOVELAS DE TINTIMÁN CONXUGAN A NOSA PERSONALIDADE COLECTIVA E A RESOLUCIÓN DUN PROBLEMA"

A Coruña e Santiago de Compostela son as dúas cidades onde se desenvolve a acción. Tintimán é un xornalista novo, algo insolente e arriscado que terá que facer fronte a dúas emocionantes intrigas. ‘Corazón de Chocolate’ e ‘A coroa de Napoleón’ conxugan á perfección a nosa personalidade colectiva coa necesidade de solucionar o problema acaído. Dirixido ao público xuvenil, o creador da saga é Jaureguizar

Por se acaso te perdes, os dous volumes contan cun mapa por onde o intrépido xornalista terá que moverse con cautela e, para unha lectura máis relaxada, podes afrontar a historia por capítulos, xa que a trama se desenvolve aos poucos. As ilustracións das dúas pequenas novelas son da feitura de Matalobos coa súa característica elaboración que lles dan vida ás dúas cidades e ao seu protagonista, que transita e se mergulla en cada rúa, recuncho e praza.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité