Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 janvier 2011

25345

CARLOS LOZANO envioume unha mensaxe o luns. Coñézoo catodicamente por gozar e padecer unha desas relacións de nin contigo nin sen ti con outra presentadora, Mónica Hoyos, que nos contaron de plató en plató e cobro porque me toca. Pero a súa mensaxe sorprendeume. Nunca imaxinei que Carlos tivese o meu número de móbil, aínda menos que me ofrecese 200.000 euros por enviar a palabra ganar ao 25345. A miña minguante confianza na xenerosidade cos descoñecidos empuxoume a desconfiar das motivacións de Carlos para me poñer eu rico. Ser rico méteme medo. O mellor é ser unha medianía económica, non destacar por nada, nin sequera por unha leve coxeira porque che apreta un zapato. Rubalcaba non ten traza de devecer por ser poñer rico, pero si de gañar. Antonte mandou a palabra ganar nunha mensaxe coa detención de catorce persoas da contorna etarra. O ministro do Interior aposta todo a 13 vermello a que os terroristas non se van atrever a matar outra volta. Entre mentres, a esquerda abertzale e máis eu agardamos a que nos collan o teléfono. Eles a que llelo collan os que habitan na clandestinidade das matrículas dupricadas, eu a que mo colla Carlos Lozano, que debe de ser amigo, por algo me mandou unha mensaxe, ou?

Publicité
Publicité
Commentaires
A
Parafraseando ao porco bravo de Miguel Anxo Prado:<br /> Eu tamén son dese clube... por fuciños, por cacheiras? Nin idea de como darme de baixa, e iso que o intentei.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 432
Publicité