vendredi 21 janvier 2011

GONZÁLEZ AHOLA: "SUPERAMOS A FASE ADOLESCENTE COA POESÍA NUN PAPEL CENTRAL"

TOMÁS GONZÁLEZ AHOLA cóntalle a XOSÉ MANUEL PEREIRO en El País: ["A proba de que a literatura galega cambiou nos últimos dez anos, e vaise convertendo pouco a pouco nunha literatura normalizada. O noso sistema literario superou esa fase adolescente na que a poesía tiña un papel central", di o seu responsable, Tomás González Ahola. Editan todos os seus libros baixo licenza creative commons (pódense usar, en parte ou na totalidade, para fins non comerciais) e paulatinamente van "liberando" libros, poñéndoos de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 21 janvier 2011

25345

CARLOS LOZANO envioume unha mensaxe o luns. Coñézoo catodicamente por gozar e padecer unha desas relacións de nin contigo nin sen ti con outra presentadora, Mónica Hoyos, que nos contaron de plató en plató e cobro porque me toca. Pero a súa mensaxe sorprendeume. Nunca imaxinei que Carlos tivese o meu número de móbil, aínda menos que me ofrecese 200.000 euros por enviar a palabra ganar ao 25345. A miña minguante confianza na xenerosidade cos descoñecidos empuxoume a desconfiar das motivacións de Carlos para me poñer eu rico. Ser rico... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:12 - Commentaires [1] - Permalien [#]
Tags :