CÉSAR ANTONIO MOLINA descúbrelle a Anxo Varela, en entrevista para La Voz, un novo criterio para clasificar as literaturas, o sentido, e mesmo chega a situar a Rilke e Kafka na literatura checa. Eu ignoro que ten de malo ser escritor español, porque o mercado, a difusión e o respaldo das institucións son moito maiores: [Respecto da lingua, creo que non se debe considerar galego a un escritor só pola lingua, senón que hai que ter en conta outras cousas, como o sentido do que escribe. Deberiamos imitar aos irlandeses, que consideran escritores totalmente seus a Joyce ou Beckett, aínda que non escriban en gaélico. O mesmo pasa con Kafka ou Rilke, que escribían en alemán e ninguén discute que son checos.]