Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 janvier 2011

A CENTRAL!

En Vigo se non estás subindo é porque estás baixando. Hai días fíxenlle unha batida estética tras os pasos de X O meu anfitrión foi amosándome a cidade con esa paciencia emocionada coa que ensinamos a fotografía positiva da biografía filial. Non eludiu que o entramado urbano é unha agregado de barrios (Valadares, Bouzas, Coia, Vigo,...). Contoume que os de Teis anunciaban que marchaban a Vigo. X abríame as portas imaxinarias que coutan cada zona mentres trataba de recompoñer un rueiro cubista. Acordei do ‘eros’ e do ‘eris’ que explica Argullol dicindo que «para que haxa eros ten que haber eris, discordia». Vigo é un caos creador e vivo, unha cidade que colleu o elevador premendo no botón da frechiña para arriba. Véuseme Dickens tamén, coa súa ‘Historia de dúas cidades’, o populismo novelado. Dickens gañaría unhas municipais a Caballero e mesmo a Vázquez, aínda lles quita vantaxe en elocuencia. Nese romance compara a cidade acalmada, Londres, e da cidade espelida, París; como podería falar en Galicia da urbe pousada do norte e da urbe lizgaira do sur. A primeira vai cedendo a preemiencia na economía, na industria, na comunicación,... adorméntandose con pracidez mentres os liderado vaille marchando pola A9. Plasmouno X cando percorríamos a avenida de García Barbón: «Neste edificio está é a sede central da nova caixa». «A central!», remarcou.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité