ALBERTO RAMOS, en Xornal: ["Este venres pagáronse 440.000 euros. Prometéronnos que a semana que vén se pagarán 880.000 euros, ao que se sumarán 800.000 euros máis dentro de dúas semanas e a partir de aí esperan que os pagamentos se fagan con normalidade”. Así resumiu Ernesto Chao, presidente da asociación de compañías teatrais Escena Galega, a reunión mantida onte co director de Agadic, Juan Carlos Fasero. Unha reunión que se celebrou na propia sede de Industrias Culturais despois de que máis de cincuenta profesionais das artes escénicas ocupasen os corredores do edificio.]