A crítica literaria expándese. O CSI do comentario literario galego, Xosé Manuel Eyré, leva xa un tempo cos seus adiantos de reseñas, uniuselle o gardán entre o centeo, Manuel Rodríguez Alonso. Ramón Nicolás, a elegancia proustiana, comezou hai pouco a explorar e agora sumóuselles Armando Requeixo, o mindoniense que trata os libros con máis xeito (se me desculpa o Mago Merlín).