ALBERTO RAMOS, en Xornal: [Edicións do Cerne reunirá nu­nha mesma colección preto de vinte títulos históricos da gastronomía. A editorial compostelá xa publicou a finais do ano pasado La cocina práctica por Picadillo, o primeiro volume desta serie. A partir desa obra, Edicións do Cerne publicará unha serie de títulos con varias características comúns. A primeira é que todos os volumes serán libros de referencia no mundo da historia gastronómica. A segunda é que se presentarán como obras facsimilares. E a terceira é que serán títulos relacionados con Galicia.

Como posibles libros que se poden incluír na colección de Edicións do Cerne –que aínda está por definir completamente–, Escrigas dá a­lgunhas pistas sobre clásicos da cociña. “Temos a Pardo Bazán, que publicou La cocina española antigua e La cocina española moderna. Xa nos anos vinte, Julio Camba sacou La casa de Lúculo”, explica Escrigas, para dar algúns exemplos.]