mardi 8 février 2011
SEN FINAL DE CINEMA FRANCÉS
O MEU AMIGO Manel asegura que o cinema francés responde a unha estrutura ríxida: «89 minutos falando de sexo para practicalo no 90». Os galos gustan de falar, que para iso procuraron que o idioma soase ben e encumiaron a Edith Piaf porque ninguén dicía o 'r' tan marcadamente coma ela. Os franceses gustan de debatir as ideas, que para iso teñen a mellor xeración de pensadores da Europa actual (Lévy, Morin, Debray,...). Andan agora debatindo sobre Céline, o monarca absoluto do coloquialismo e autor da novela con máis signos de... [Lire la suite]