Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
11 février 2011

PILI PAMPÍN NA SUPERBOWL?

HAI PATRIOTAS que están certos de que os himnos son demasiado trascendentes como para confiarllos a unha cantante de pop. Agora asinten compracidos no cumprimento da profecía: Christina Aguilera era inaxeitada para cantar o himno norteamericano na Superbowl porque se enganou en dúas frases. A letra da BSO oficial dos Estados Unidos tampouco ten tanto aquel, non é coma o noso, que non se arredra en insultar a «imbéciles e escuros», nesa arroutada tan escarallantemente tola de Pondal. Cando menos, tomamos o himno máis en serio e non escollemos a Pili Pampín para cantalo na inauguración da Cidade da Cultura, se ben non faltaron os rumorosos queixándose de que o coro obviara o fragmento no que se cita a «nazón de Breogán». O problema dos norteamericanos é que adoecen de sentírense pobo a tempo completo, polo que pensaron que unha número 1 de radiofórmula era o máis aquelado para que as masas estivesen representada nunha dignidade tan alta coma é un partido entre xogadores de rugbi tuneados con ombreiras de plástico. Cando houbo que mandar cantantes, o exército español presentou máis sentatez remitindo a Marta Sánchez a Iraq para interpretar Soldados del amor. O escote baixo e a minisaia alta garantiron que ninguén reparase na letra.

Publicité
Publicité
Commentaires
C
E logo, pregunto, por que non pode cantar o himno Pili Pampín? Eu penso que sería unha cousa ben bonita. Se o himno pertence a todos os galegos, Pili Pampín ben podería cantalo. Non sería un mal espactáculo. Tería que aprendelo, iso si, pero hai conselleiros e outros políticos que non saben a letra e ai están. Se hai unha voz que poida representar a todos para cantar o himno, ninguén mellor que Pili Pampín. Universal Pili Pampin. Nunca o pensara pero non hai nadia mellor que ela para interpretar o himno patrio. Sen John Balan, Pucho Boedo, Ana Kiro ou Andrés Dobarro, so queda ela para nos representar. O meu voto para Pili Pampín.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 567
Publicité