Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
14 février 2011

OS TENIS DOURADOS

NORRIS CHURCH foi ao baño no descanso dunha obra de teatro baseada nun texto de Norman Mailer para reparar unha desviación na pintura dos beizos. Unha descoñecida que saía dun excusado acarouselle e comentoulle: «Este Mailer é un porco marchista!» Norris sentiuse incomodada, pero termou das gañas de espetala contra o espello e pediulle que retirase o insulto. A outra muller buscou un apoio argumental: «Pero non leu vostede as súas obras?» Norris calou, rematou de amañar o carmín, gardou a barra e informou: «Linas todas. Estou casada con Norman Mailer». É o perigoso de guillotinar cando non sabes quen te está escoitando. María Xosé Queizán proclamou a través da prensa hai uns días que a Real Academia Galega é «machista e patriarcal» e reclamou que se aplique a Lei de Igualdade nun ámbito estrano á representación política. Son incapaz de decidir se me desconcertou máis a acusación ou a proposta para facer valer unha norma onde non corresponde. Fernández del Riego -e despois Barreiro, e agora Ferrín- premeu no acelerador da Academia para achegala aos días que corren, pero non se lle poden pedir maiores velocidades a unha centenaria. Descoñezo os motivos da escritora para atopar misoxinia onde vexo interese en incrementar o número de académicas. Eu tamén quero ver máis tenis dourados como os que facían brillar os pés de Luz Pozo Garza nunha sesión á que asistín nas Tabernas, pero a RAG debería atender antes a outros sectores da cultura que aínda son extraparlamentarios na institución. Os meus nomes para as prazas vacantes son Agustín Fernández Paz, Paco Martín e Xabier Docampo. Excúsenme de argumentar méritos.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité