Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 février 2011

XOSÉ DÍAZ CUESTIONA O ACORDO COA XUNTA (E O PAI MÁNDAO CALAR)

ALBERTO RAMOS, en Xornal: [“Hai problemas xurídicos do legado, porque ese legado non é só de Díaz Pardo; a cesión non está pechada”, explicou o fillo do intelectual. O primeiro sería o réxime de bens gananciais do matrimonio de Díaz Pardo e que afectaría a xa unha parte destes fondos que, segundo a Xunta, xa están cedidos á Cidade da Cultura. Por outra banda, outra parte dos fondos pertencerían ao Instituto Galego da Información (IGI), cuxo socio maioritario é Sargadelos. No caso dos fondos que formarían parte do coñecido Laboratorio de Formas, tamén habería problemas coa propiedade. Nun cálculo aproximado a validez dese acordo podería abranguir só un terzo do legado de Díaz Pardo como consecuencia de aplicar a estes os bens do réxime ganancial do matrimonio e a expensas do que digan o IGI e o Laboratorio de Formas.]

Europa Press: [Tras insistir en que a decisión "está tomada" e en que os papeis "están asinados", Isaac Díaz Pardo admitiu que a "cesión" destes documentos podería xerar "certo malestar" por parte dos seus fillos e admitiu ser coñecedor das declaracións que fixo Xosé Díaz ao termo da inauguración da exposición da Casa da Parra. "O mellor que puido facer é estar calado, pero que se lle vai facer", reflexionou o intelectual.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité