Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 février 2011

ACCESIT PARA OS PERCEBES EN MARTE

O xurado do Premio Álvaro Cunqueiro de Xornalismo Gastronómico vén de darme o accésit ao mellor artigo de prensa por un que empeza deste xeito:

HAI PERCEBES EN MARTE?

NO TEMPO DAS mareas vivas, o meu pai levábanos a coller percebes na contorna de Rinlo. Eran os anos 70 e daquela aínda non se regulara a actividade depredadora de madrileños e indíxenas. Sempre nos advertía de que as ondas eran bravas segundo asomaba o outono e aquela actividade resultaba razoablemente perigosa. A seguir, desaparecía na volta dunhas rochas, de xeito que unicamente acertabamos a albiscar ocasionalmente a súa cabeza ou parte do seu lombo entre o negror dos penedos e a brancura da escuma estoupando violentamente no aire, coma cando Alonso ou Vettel derrochan champán. O meu proxenitor cumpría o papel de todo pai cara aos seus fillos: facía medrar o mito.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité