samedi 19 février 2011
OLIVIA RODRÍGUEZ: "DE TORO QUERÍA BORRAR A RISCO DA FOTO"
OLIVIA RODRÍGUEZ, a respecto dun artigo de De Toro, en El País: [De Toro quería borralo da foto, para que o noso pasado político e cultural quede, tras a operación de estética, máis presentable. Non vaia ser que nos afecte de portas adentro e afora.
(...)
De Toro fai un duro retrato de Risco con descualificacións que son primeiro físicas e terminan sendo morais, ideolóxicas, racistas e ata existenciais, pois négalle como suxeito un lugar no mundo. Toro odia a Risco, e ten perfecto dereito a facelo. Pero esquece que non pode... [Lire la suite]
samedi 19 février 2011
VILAVEDRA: "CRITICOUSE A FREIXANES POR ACEPTAR UN PREMIO E NON A OUTROS POR FACELO"
ÓSCAR IGLESIAS, incisivo como adoita, entrevista a DOLORES VILAVEDRA, que non escapa ao cuestionario, en El País:
P. Non pervive aínda un certo seguidismo editorial? Cando os críticos galegos escolleron Festina lente para representar a narrativa galega nos Premios da Crítica española, o mesmo ano de Costa Norte/ZFK ou Shakespeare destilado, a novela histórica era tendencia no mercado estatal.
R. Eu estiven aí e iso foi votación pura e dura. A fascinación pola novela histórica permanece. Cando aparece un texto nesa liña de certa... [Lire la suite]
samedi 19 février 2011
PISTOLAS E VOTOS
Al Capone convidoume a cear por San Valentín. Achegueime á súa mansión de Miami Beach con máis temor ca ilusión. Visitar a casa dun rico pode semellar tan emocionante coma ser reporteiro de 'Quien vive aquí?', pero mete medo entrar nun cubil mafioso. Capone non celebraba o Día dos Namorados, senón a Matanza de San Valentín do 14 de febreiro de 1929 no que se liberou do seu rival Bugs Moran. Moran non morreu no garaxe no que asasinaron a súa banda por estar cortando o pelo. O resentimento dun capo só cesa co pasamento. O curioso de... [Lire la suite]