O XENERAL RUSO Kornilov acordoume onte pola noite. Estaba fritindo un ovo e calculando o que me subiría o custo de produción da cea por mor de Gadafi. A teima do ditador en esganar o seu país a milleiros de quilómetros da miña casa fará subir o prezo do gas para quentar a tixola. A maiores, deberei sumar o que repercutan os transportistas dos ovos, o aceite e o sal. Acordoume Kornilov porque suprimía a disidencia na Rusia de 1917 ordenando ametrallala. Daquela, non dispoñía de bombardeiros, coma Gadafi. A culpa de que se me encareza a cea vén do meu pai. Mediados os 50 andaba, solteiro e barbado, buscando gas no deserto de Libia para unha compañía británica. Gustaba de bromear con que debeu coincidir con Gadafi nalgunha boîte de Trípoli en máis dunha volta. Nunca chanceaba sobre a súa primeira cea naquel campamento do Sahara. Reunírase nunha gran tenda de campaña xunto con corenta noregueses e suecos. Estaba sentado nunha bancada cando un compañeiro lle requeriu: «Pasmidesolt». Todo o que lle pedía en inglés era que lle pasase o sal, pero serviulle para entender de vez, hai sesenta anos, que o planeta está interconectado e que, aínda empadroado no corazón de ningures, máis lle valía lembrar todo o inglés que aprendera no bacherelato.
vendredi 25 février 2011
PASMIDESOLT
Posté par : Jaureguizar à 08:09 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : artigos para El Progreso e Diario de Pontevedra
Tags : artigos para El Progreso e Diario de Pontevedra
Vous aimerez peut-être :
Commentaires sur PASMIDESOLT
Nouveau commentaire