Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 mars 2011

UN VELENO PERIGOSO

ANTOINE VITKINE reflicte en Mein Kampf. Historia de un libro, que vén de editar Anagrama, o momento en que Hitler se dispón a reocupar militarmente Renania. Fai por disimular a súa intención porque daquela o exército francés era máis poderoso ca Wermacht. O ditador austríaco, fascinante propagandista, agarima ao editor de Paris Midi para que lle envíe a Bertrand de Jouvenel, un periodista antinazi, pero partidario da concordia. No encontro, relatado por Jouvenel, o xornalista recoñécelle do temor dos franceses manado da lectura do expansionista Mein Kampf. Pregúntalle se vai rectificar. «Rectifico todos os días coa miña política exterior!», retruca o futuro invasor con indignación de dama ofendida. Dese cinismo, e da posterior ocupación francesa, naceu unha guerra e unha posterior resistencia que aínda hoxe se resiste a morrer. Un exemplo desa viveza son os 94 anos do ex combatente Stéphane Hessel, que invadiu Francia vendendo millóns de exemplares co seu opúsculo Indígnate!, traducido por Faktoría K ao galego. Ao tempo, Francia empeza a airear o cheiro daquel tempo a través de textos como o de Alexander Jardin, quen contestou en Le Monde a biografía absolutoria que Pierre Assouline escribiu do seu pai -Unha eminencia gris (Rocher)- remarcando que O meu avó foi colaboracionista. Os galos empezan a limpar os corazóns negros dos antepasados, agochados durante décadas nos armarios, asistindo a revelacións como a aseveración que recolle Simon Leys en La felicidad de los pececillos (Acantilado): «O tabaco é un dos velenos máis perigosos», unha afirmación prohibicionista que fixo hai 70 anos o mesmísmo Adolf.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité