A Nave das Ideas pediume opinión sobre un novo xornal galego: "Hai un espazo grande para un xornal en internet, que sexa nacionalista e esquerdista que deixou baleiro Vieiros".

"Un xornal de suscrición semella inviable. Non podemos aspirar aos contidos do New York Times e ao pago por suscrición. Sen esa calidade dos contidos, non teremos máis pago co do voluntarismo e durante un tempo. As dimensións do noso mercado son demasiado cativas. En papel é inviable polos custos; en internet, semella case que inviable porque dubido que dese sequera para cubrir gastos de persoal (aínda contando con mileuristas e unha infantería de colaboradores gratuítos). Opino isto pechando os ollos á pirataría e soñando con que milleiros de usarios comprendan que producir información ten custos elevados".

"Internet é un medio de información que segue escaso de prestixio. A xente cre no que le nun papel; en moitos casos con razón porque os produtores de información na rede pecan ás veces de falta de rigor cando non de manipulación".