lundi 7 mars 2011
GASOLINA
Wittgenstein vive bastante feliz na súa cabana de pescadores en Galway. Afirmar que vive é unha noticia no seu caso porque seis dos seus irmáns acabaron en psiquiátricos ou suicidándose e o outro quedou manco dun bombazo, aínda que se consolaba interpretando a composición man esquerda que lle ideara Maurice Ravel. A Wittgenstein agrádanlle pouco as visitas, polo que parei pouco. Unicamente me acheguei ata a costa escocesa para consultarlle pola crise libia. Estou preocupado, apartemos a un lado o cinismo, polo prezo da liberdade: é... [Lire la suite]
lundi 7 mars 2011
ÁS CARREIRAS POLAS CADEIRAS
MARILAR Aleixandre contradícese cando reclama que medre o número de mulleres na Real Academia Galega para denunciar, asemade, que a femineidade non pode ser un reclamo para merecer a honra. A escritora leva razón en ambas as afirmacións, pero, formuladas de vez, a segunda rabuña enerxías da primeira. Sería un paso adiante que tres mulleres -hai ruxe ruxe coa propia Aleixandre, Dolores Vilavedra e María Xosé Queizán- ocupasen as tres prazas libres na casa Pardo Bazán.Será inevitable que os sectores máis adormentados polas feromonas... [Lire la suite]