Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 mars 2011

PILLADO NA FOTOGRAFÍA

SUSAN SONTAG aprendeunos en Sobre a fotografía (Edhasa, 1975) que «as persoas, vistas a través das imaxes, son iconas de si propias». Francisco Pillado coñece o poder verificador da fotografía, pero vén de magnificalo ata a desproporción. O director de Laiovento colleu hai uns anos un inadvertido premio Repsol e ergeuno ata as ambicións máis gloriosas dos escritores galegos. Agoraque lle chegou a quenda de organizalo novamente botou a súa xeira ao contenedor de inorgánicos porque entende que «non sería coherente» que el acabase «saíndo nunha foto con este home que está a destruír a lingua». Unha institución como a Secretaría de Política Lingüística merece unhas formas que non poden estar supeditadas a que lle disguste a un a política lingüística coxuntural que desenvolva. O coordinador traballou durante dous anos e ata antonte co mesmo equipo da Xunta, pero o cambio foi cando o máximo responsable, Anxo Lorenzo, pretendeu que se encontrasen. Nesa altura, Pillado puxo cara de contrariado. Considerando que non achara atranco ata esa cita co secretario que lle fixo temer unha fotografía en común, cómpre pensar que o reparo do editor non é ético, senón estético. Malia o ilóxico e descortés da reacción de Pillado, este debería saber que unha posible imaxe cabo doutra persoa non causa ósmose ideolóxica nin de xestión. Todos entenderíamos en función de que aparecería cada un deles na imaxe. Nunca saberemos se a fotografía se tería producido, pero a revolta do organizador do galardón conseguiulle unha trascendencia que nunca acadaría por moitas reproducións que fisexen. E os de Repsol deben de andar reconsiderando onde comprometen o nome.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Lin 'Ollos de auga' en maqueta e apuntei a oprotunidade de contar con DV como columnista. a vexo a alguén na Voz se lle ocorreu a mesma idea.
Répondre
X
Leu o artigo de hoxe de Villar na Coz de Galicia?<br /> Sorprendente. Eu cría que era un autor de bestseler, pero en media folla escribe un conto como eu non lera desde que finou Casares.<br /> <br /> http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2011/03/13/0003_201103G13P24993.htm
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité