Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 mars 2011

A BOMBA DOS NOVOS ROMÁNTICOS

A PRIMEIROS dos 80 houbo moreas de rapaces demasiado novos para estar fartos do brillo da mocidade e cruelmente vellos para estar no paro. Unha noite conxuráronse para disfrazarse e invadir os clubs. «Bailemos ata que caia a bomba», berraban a xeito de proclama. E durante as madrugadas de moitos días laborables e festas de gardar animaron as pistas alfombradas de neón de Londres, Manchester ou Birminghan. Novos Románticos, chamaban a aquelas feras da egocentria e o hedonismo. A bomba nunca chegou a caer sobre aquelas pistas de baile porque non houbo ninguén co desquiciamento vital tan inchado como para apretar o botón vermello. Os rapaces deixaron de bailar e volveron a casa coa luz do sol pesándollles nas costas. Tiveron fillos aos que compraron unha bola do mundo para que sinalasen co dedo os lugares do mundo aos querían viaxar con Ryanair con aquela despreocupación coa que eles trazaban liñas por Europa no Interrail. A bomba caeu agora na outra banda do planeta sen necesidade de que ningún suicida premese un botón nin agardar a que alguén cometese a imprudencia de disfrazarse e saír de copas. A natureza é sabia, disque. Valeríanos máis que fose un pouco máis parva e se dedicase a bailar nun antroido perenne.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité